sábado, 9 de marzo de 2013

Corredores de sombras, Agustín Fernández Paz



Este libro tivo que lelo Beltrán este ano no instituto e recomendoumo.
A rutina do verán no concello de Vilarelle vese   rota para Clara, a protagonista, polo "anoxoso incidente" ( así o califica o seu pai) que se descubre no pazo de Soutelo.
O cadáver atopado pon ao descuberto lembranzas da guerra civil agochadas na memoria e mesmo fai que Clara teña un coñecemento da súa familia moito máis profundo. Establécese unha conexión coa súa avoa Rosalía, quen tamén namorara dunha persoa pouco recomendable para a súa familia, un mestre republicano. Miguel,  coa súa visión de adolescente, fala con xenreira en ocasións e deixa entrever  as diferencias de clases.


No hay comentarios:

Publicar un comentario